Instagram

sábado, 22 de octubre de 2011

Nota de prensa: Asalto a madama 2011

Xermán Prieto Deza
Artigo de opinión, co rogo de que se publique na Revista de Adina


O ASALTO A MADAMA
O dia do Can de S. Roque xa non é tal, senón que, cada vez é máis, o dia do Asalto a Madama de Silgar. Este evento que cada ano colle máis forza, tamén colle cada vez, máis posibilidades de episodios violentos e será así, a pesares das boas intencións dos organizadores. Este ano, 2011, non houbo incidentes serie, agás as pintadas dalgún skin army, etc. Pero tampouco houbo asalto máis que o simulacro de poñela bandeira da parroquía fora de hora, cando non habia nadie na defensa do Corbeiro.

Para o meu modo de ver, o acto está desenfocándose da súa finalidade en orixe, que non é outra que a de dar os veciños unha chamada de atención sobre a insuficiencia dunha política parroquial.

A parroquia en Galicia, para min, e penso que moitos máis cidadáns, é unha unidade de convivencia natural e como tal, debe respectarse e potenciarse, e polo tanto, o goberno local debe esforzarse en defender a identidade de cada unha delas, sen que iso supoña unha loita entre parroquias, que é o que se da a entender ós veciños.

O goberno local debe defender a parroquia. Deben mirar polos seus lindes naturais, lugares, barrios, rios, puntas e recovecos etc. e por suposto, a etnografia parroquial. ¿Non sería bonito e útil, ver un plano de Portonovo estructurado por barrios?

Por exemplo, atopámonos que no PXOM grafíase con nomes correctos pero logo a Concellería de Turismo, utiliza outros cando fai mapas, rueiros e promoción turística do concello-mírese os que actualmente reparten-, e o mesmo PXOM, esquécese de puntas, rochas, rios, humidais e lavadeiros a pesar de estar grafiados no deslinde costeiro.

Por exemplo, é bastante fácil que, aínda que pasen moitos anos, a maioría do goberno local e oposición, non sepa que é a Covasa e por iso, desde hai moitos anos, está chea de pedrás que impiden o baño nela, en praia Caneliñas.

Perdida a función social da Confradia de Pescadores S. Roque, os veciños, en especial a xuventude, busca un toque de atención da política local cara a Portonovo. É bastante irritante ver que o lado Este da praia de Portonovo chámase Avenida da Praia de Silgar...

Pero o que non debe ocorrer é que o “Asalto a Madama” forme parte de etnografia portonovesa co fin de evento de bronca e gamberrismo. Corresponde os veciños propoñer un acto de defensa da vila ou parroquia que a alcaldesa debe apoiar e regular e non pedirlle a outro que o prohiba.

P/D: deberia ter unha foto da Covasa

Esta é a Cova, chea de pedras, onde aprendeu a nadar todo Portonovo e gran parte de España.

Xermán Prieto

No hay comentarios:

Publicar un comentario